Thursday 16 de May de 2024

Medio millar de persoas limpan os areais de Ribeira ante a falta de medios da Xunta


O goberno de Ribeira agradece ao voluntariado a súa implicación nesta autoconvocatoria civil de resposta a esta crise ambiental. O alcalde, Luís Pérez, asegurou que “unha vez máis o pobo galego bótase ao litoral para defender o medio natural. Grazas de corazón”.